Detalles del libro
Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a reescribir o presente, árbores e persoas tentarán espallar unha semente de cambio nun mundo que busca rexenerarse.Tras os acontecementos de "Cobiza", "Multitudes" retoma os seres completos nunha continuidade de acontecementos. Mentres Seh-Dong e as rebeldes loitan contra as Familias, Dandara, Tassi e o resto navegan o Mar de Plásticos na travesía contraria á que trouxo os seres completos á antiga Capital do Oeste. Na necesidade urxente de confluír, atoparán respostas, tamén sobre o que aconteceu no pasado.Cunha multiplicidade de voces e percorridos, "Multitudes" é unha chamada á rebeldía vexetal da especie humana.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Reimóndez, María
- ISBN13 9788411102339
- ISBN10 8411102335
- Páginas 216
- Año de Edición 2023
- Idioma Gallego
Reseñas y valoraciones
Multitudes (Gallego)
- De
- María Reimóndez
- |
- Edicións Xerais (2023)
- 9788411102339



