Cistella de la compra

-5% dte. exclusiu web

O COLOSO DE MARUSI

O COLOSO DE MARUSI
-5% dte. 19,95€
18,95€
Estalvia 1,00€
Enviament
Gratuït
  • Editorial LAIOVENTO
  • Autor/s Miller, Henry
  • ISBN13 9788484876892
  • ISBN10 8484876896
  • Pàgines 236
  • Any Edició 2024
-5% dte. exclusiu web

O COLOSO DE MARUSI

Enviament
Gratuït
-5% dte.   19,95€
18,95€
Estalvia 1,00€
Klarna Novetat! Compra ara i paga en 3 terminis.
¡Disponible! Recíbelo en 24/48h
Gratuït
a Espanya peninsular
Recollida a la llibreria
Gratuït
 Disponible! Compra'l ara i recull-lo demà.
BizumGoogle Pay Apple PayVisaMastercardAmerican ExpressPaypal
Gràcies per comprar en llibreries reals.

«Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mundos empezaba a perder o brillo, captei a vella e a nova Grecia na súa suave translucidez e así se conservan ambas na miña memoria. Decateime nese instante de que non hai nin vella nin nova, só Grecia, un mundo concibido e creado a perpetuidade. O home que falaba deixara de ser de tamaño e proporcións humanas, convertérase nun coloso cuxa silueta se esfumaba para diante e para atrás co roncar grave e rítmico das súas oracións narcóticas.»En xullo de 1939, tras vivir nove anos en París e ante a ameaza da inminente invasión de Francia pola Alemaña nazi, Henry Miller acepta o convite do seu amigo Lawrence Durrell e, tras unha breve excursión pola Dordoña, parte para Corfu, Grecia, onde este reside. Ata o 27 de decembro dese mesmo ano, cando regresa aos Estados Unidos por orde das autoridades norteamericanas, percorrerá o país e entrará en contacto coas súas xentes, establecendo lazos duradeiros de amizade entre outros co poeta Geórgios Seferiadis e o espléndido narrador oral George Katsimbalis.O coloso de Marusi, escrito en 1940 en Nova York, é un diario inclasificable desa descuberta de Grecia e dos gregos, unha mestura de reflexións e descricións (de persoas e paisaxes), entre o poético e o prosaico, salpicado, por contraste, de críticas feroces a todo o que o autor detesta do seu país, e que suscitará en quen o lea hoxe fascinación e sen dúbida tamén, nalgunha pasaxe concreta, rexeitamento, pero, sobre todo, é unha lectura que deixa pouso vivo e fermentable.

  • Editorial LAIOVENTO
  • Autor/s Miller, Henry
  • ISBN13 9788484876892
  • ISBN10 8484876896
  • Pàgines 236
  • Any Edició 2024

Més llibres de Henry Miller